O dicionario da pronuncia da lingua galega liberado

Hoxe vou falar da liberalización dunha ferramenta en galego, trátase do Dicionario da Pronuncia da Lingua Galega. Como xa comentei noutras entradas sempre son benvidas as novas ferramentas para a tradución, e neste caso que sexan para a aprendizaxe ou o perfeccionamento da nosa lingua.

via wikipedia

via wikipedia

Dende 2011 pódese empregar esta ferramenta de maneira moi sinxela por unha boa accesibilidade a través da súa presenza en liña. Calquera persoa poderá ter a súa disposición os 66700 ficheiros, na súa versión estándar, que compoñen este dicionario. O dicionario non só presenta léxico común senón tamén nomes propios, nomes de lugares (concellos, parroquias e comarcas) e nomes de accidentes xeográficos de Galicia.

Este dicionario fíxose coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a Universidade de Santiago de Compostela, por medio do Instituto da Lingua Galega, contou coa colaboración da Radio Galega e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) púxoo en formato informático na rede.

En todas as linguas é  bo ter recursos que lles poida facilitar a vida aos xa falantes ou aos principiantes da lingua en cuestión, sobre todo na pronuncia que é o máis difícil de aprender se non teñen a axuda adecuada.

Ademais é sempre motivo de celebración falar de recursos en galego que poidan mellorar o seu recoñecemento así como a axuda que supón para todos os usuarios, e agora aínda máis co dicionario liberado. Grazas ao feito de liberar o dicionario permite a  reutilización desta ferramenta por calquera persoa ou empresa. Para obter a base de datos desta ferramenta terá que ir no Repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia.

Sen dúbida representa un avance para a normalización e a corrección da lingua galega, unha lingua que ten que loitar para ter máis presenza.

Leave A Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *