Boa nova para os rapaces e para a tradución dobrada ao galego

A televisión de Galicia vai ampliar a súa programación infantil con novos debuxos animados de gran éxito. A produtora Dreamwords a través de Planeta Junior permite a difusión de novas series na TVG. Previamente o acordo foi entre Dreamworks e Planeta Junior e esta convértese na empresa responsable da distribución das series de DreamWorks en España. Logo  Planeta Junior aprobou a adquisición de dereitos de difusión ás canles públicas castelá TVEcatalá TV3 vasca ETB e á galega TVG para así chegar as nosas pantallas novos contidos televisivos en galego. Esta medida é un impulso cara a tradución audiovisual en Galego de novos contidos.

vía wikipedia

vía wikipedia

Os debuxos más esperados teñen como protagonistas dúas personaxes que coñece o publico infantil por velos nas películas como Madagascar e Shrek, pero neste caso que terán o papel principal. Tratase do rei Julien na serie chamada “Viva ao rei Julien” e o gato con botas no debuxo co mesmo titulo. Os novos compañeiros uniranse os que levan xa máis anos na programación do Xabarín Club. O Xabarín Club é un programa mítico con debuxos como as bolas máxicas, que aínda hoxe en día, fan as delicias dos pequenos e xa non tan pequenos. O programa Xabarín Club emítese na canle TVG2.

As primeiras series infantís que xa se estás a dobrar son Turbo e 3,2,1 pingüíns e que pronto poderán ver os nosos pequerrechos.

Esta boa nova para os nenos tamén e una gran nova para a tradución dobrada ao galego, xa que supón un gran incremento de traballo, cousa que non era así no que vai de ano. A pesar de non ter data aínda para a difusión, debería ser nos vindeiros meses.

Leave A Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *