As palabras difíciles de traducir

Podemos ver moitos textos por internet que falan de palabras que non se poden traducir. Por seren tradutores sabemos que isto non é así. En realidade do que se vai a falar e da dificultade de traducir algunhas palabras por outras equivalentes. Non obstante, a complexidade dalgunhas palabras non poden impedir traducir, e traducir palabra por palabra non é o propio dunha boa tradución. A tradución consiste en traducir a idea xeral, e o máis importante é non omitir nada da mensaxe en cada frase.

É certo que algunhas palabras son complexas, que se van ter que explicar e que unha soa palabra non será dabondo para traducilas.

En galego así como en francés temos palabras moi auténticas, como xa comentarei  nun próximo texto, que necesitan aclaracións como as seguintes:

A morriña podería definirse como melancolía ou nostalxia pola terra natal polo que se se emprega só nostalxia faltaría un matiz importante ex:Paula ten morriña- Paula a la nostalgie de sa terre natale.

Enxebre: é típico dunha pais ou rexión e ademais moi autentico ex: O queixo Arzúa é enxebre Le fromage Arzúa est authentique et typique de cette zone.

Luar é a luz do sol reflectido pola lúa Ex: noites de luar. Nuits durant lesquelles la lumière du soleil est reflétée dans la lune.

Polo tanto é indispensable reproducir todo os matices nunha tradución e non só poñer unha palabra que podería valer, xa que non agrupa todos os sentidos da palabra e ao final pode producir no lector unha confusión.

O fermoso dunha lingua é a súa complexidade xa que lle da riqueza e todo isto ten que estar presente nunha tradución na lingua de destino

Leave A Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *